PREMIOS
Para cada unha das dúas categorías haberá:
- Un primeiro premio consistente nun ordenador portátil e unha cámara de vídeo dixital. Ademais, o primeiro premio de cada unha das categorías será sometido a unha consulta sobre a súa orixinalidade ante a O? cina Española de Patentes y Marcas, que colabora con este galardón. Se o informe é favorable e se existise interese por parte do autor de solicitar a patente, a Dirección Xeral de I+D+I, a través do seu servizo de Propiedade Industrial, comprométese a asesoralo na redacción da solicitude de patente e a pagar a taxa de solicitude correspondente.
- Un segundo premio consistente nun ordenador portátil.
- Seis accésits, dotados cunha cámara de vídeo dixital
Se o traballo premiado é dun grupo de rapaces, o premio ou accésit consistirá en material electrónico, que se repartirá entre todos os autores do traballo, por un importe equivalente ao premio ou accésit correspondente.
Así mesmo, os profesores que prestaran axuda aos gañadores dos dous primeiros premios, recibirán un Tablet PC, sempre que se acredite que o alumno, na elaboración da súa proposta, foi asistido polo profesor.

