solicitude
As solicitudes deberán incluir:
- Instancia de solicitude debidamente asinada polo solicitante, conforme o modelo oficial PSS-06-Anexo I
- Declaración xurada do cumprimento dos requisitos establecidos. Anexo II. (No caso de traballos en grupo, cada membro do mesmo deberá presentar unha declaración xurada. No caso de participantes menores de idade, a declaración xurada deberá vir asinada no seu nome polo pai/nai ou titor.)
- Fotocopia do DNI, NIF ou documento equivalente de todos os membros do grupo.
- Memoria do traballo presentado ao premio na que se proxecte e desenvolva unha idea que se traduza nun novo produto,
servizo ou maneira distinta e innovadora de producir algo xa existente (1 copia en papel e outra en CD en formato PDF ou
Word)
Nela deberase describir o produto, servizo ou proceso, argumentando a quen vai dirixido, a súa utilidade e a maneira de levar a cabo o que se proxecta. Deberá presentarse escrita a ordenador no Anexo III. Quedarán excluídas da convocatoria as solicitudes que presenten a devandita memoria en formato diferente ao indicado. - De ser o caso, copia do DNI, NIF ou documento equivalente do profesor que preste axuda na elaboración da proposta. Neste caso, deberá acompañar tamén certifi cación acreditativa, emitida polo centro de ensino correspondente, de que pertence ao cadro de persoal de dito centro educativo.
Consentimentos e autorizacións
- A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación das presentes bases reguladoras.(Anexo IV)
- De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos de axudas, subvencións e convenios e máis de sancións, creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, de 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2006, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, no devandito rexistro, feito que terá lugar agás nos supostos legalmente establecidos.
- De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración Pública galega, esta Consellería publicará na súa páxina web ofi cial a relación dos benefi ciarios e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a súa publicación na citada páxina web, coas excepcións previstas nas leis.
Esta documentación, anexos e a copia en CD, presentaranse no rexistro da Dirección Xeral de Investigación,
Desenvolvemento e Innovación, da Xunta de Galicia, sita na rúa Feáns, 7, local C, C.P. 15706 Santiago de Compostela, ou
por calquera dos procedementos previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das
administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A data límite de presentación das solicitudes remata o día 31 de xaneiro de 2008.

