etapas
Os traballos presentados que se axusten á presente convocatoria serán avaliados polo xurado.
O proceso de avaliación e selección contará con dúas fases:
- O xurado preseleccionará os 8 mellores traballos en cada unha das dúas categorías. A lista de preseleccionados publicarase na páxina web www.conselleriaiei.org no prazo de 45 días trala fin do prazo para a presentación de solicitudes.
- A partir da publicación dos traballos preseleccionados na primeira fase, os titulares dos mesmos terán un mes de prazo para presentar, o desenvolvemento da idea exposta na memoria presentada inicialmente a través dun bosquexo, maqueta, plano e/ou debuxo. A presentación farase no mesmo lugar que as solicitudes.
Paralelamente, as memorias que quedaran finalistas na primeira fase serán sometidas a unha consulta do Servizo Galego da Propiedade Industrial (SEGAPI), que emitirá un informe sobre as mesma no prazo dun mes desde a publicación da lista de traballos preseleccionados.
Finalizado o prazo dun mes de presentación do desenvolvemento das ideas expostas nas memorias inicialmente preseleccionadas e de emisión dos informes polo SEGAPI, o xurado efectuará a proposta de concesión de premios.
O xurado terá en conta para a valoración dos traballos os seguintes criterios por orde decrecente de importancia:
- A orixinalidade da proposta
- A súa utilidade
- A posibilidade de aplicación práctica
- O seu grao de desenvolvemento

