beneficiarios
Poderán participar todos os mozos e mozas galegos ou residentes en Galicia de entre 12 e 18 anos. Tamén poderán presentarse os alumnos/as matriculados/as no último curso de Ensino Secundario que teñan 19 anos no momento do peche da convocatoria e que acrediten estar recibindo docencia nun centro de Galicia.
Os participantes repartiranse en dúas categorías:
- de 12 a 15 anos (ambos incluídos)
- de 16 a 18 anos (ambos incluídos)
Poderanse presentar traballos individuais ou en grupo (máximo 3 membros, incluído o solicitante). Neste último caso, deberán asignar un representante do mesmo, que será o interlocutor válido para calquera notificación por parte da Administración, así como o asinante da instancia de solicitude.
Admitiranse un máximo de dúas propostas por participante (individual ou en grupo). Non poderán participar os gañadores dun primeiro ou segundo premio en edicións anteriores, na mesma categoría.
Cada participante (individual ou grupo) só poderá optar a un único premio.

